Cambios térmicos.Como é a materia?: A materia é descontinua,é dicir, está formada por partículas separadas polo baleiro.
Átomos.
Moléculas.
Sólidos.
Líquidos.
Gases.
Cristais.
Cambios térmicos na materia.
Atraccións intermoleculares.
Forzas de cohesión: Producen cambios físicos.
Axitación térmica.
Cero absoluto ( 0 graos Kelvin ou -273 graos Centígrados).
Partículas en repouso.
Organización das partículas materiais.
Sólido: A baixas temperaturas, as forzas eléctricas de cohesión predominan e as partículas únense e forman aglomerados sólidos.
Líquido: É unha situación caótica da materia, onde coexisten pequenos gránulos que conservan aínda a súa forma cristalina con partículas liberadas que se desprazan e chocan unhas con outras.
Gasoso: É unha desorde absoluta da materia, as partículas están moi afastadas unhas doutras para que actúen as forzas de cohesión, movéndose a altísimas velocidades con m.r.u. ata que atopan algo con que chocar.
Cambios de estado.
Fusión.
Vaporización.
Ebulición.
Evaporación.
Sublimación progresiva.
Solidificación.
Condensación.
Sublimación regresiva.
Cambios químicos: Son todos aqueles que cambian a estructura da materia, orixinando substancias de aspecto e propiedades completamente diferentes as iniciais. Requiren grandes cantidades de enerxía.Unións dos átomos que forman a materia.
Substancias atómicas ou gases inertes: Helio, Neon, Argon, Cripton,...
Non dan lugar a cambios químicos.
As substancias moleculares: Formadas por moléculas, que son partículas cun número fixo de átomos (Nitróxeno, carbono, Silicio,...).
Enlace covalente: É unha forza de cohesión e da lugar a cambios químicos.
Substancias cristalinas: Son as que están formadas por cristais, sólidos constituídos por átomos (iguais ou distintos) perfectamente ordenados no espacio, formando estructuras xeométricas.
Enlace iónico: É unha forza de cohesión e da lugar a cambios químicos.
Enlace metálico: É unha forza de cohesión e da lugar a cambios químicos, pero entre metais.
Diferencias entre forzas de enlace e forzas de cohesión.
As forzas de enlace químico son as que dan lugar a cambios químicos (formación da auga).
As forzas de cohesión intermoleculares son as que dan lugar a cambios físicos (cambios de estado da auga).
Conceptos químicos importantes.Substancia: É aquela que está formada por partículas iguais. Poden ser elementos e compostos.
Elementos: Son aquelas substancias que están formadas por átomos da mesma clase.
Formados por átomos illados (He, Ne, Ar,...).
Formados por moléculas (O2, O3, H2,...).
Que forman cristais (Fe, Ag, Sn, S, C,...).
Compostos: Son aquelas substancias que as partículas que nas constitúen están formadas por átomos de diferentes clases.
Moleculares: Están formados por moléculas (H2O, H2SO4,...).
Cristalinos: Están formados por cristais (NaCl, CuSO4,...).
Os compostos poden ser:
Orgánicos: Son os que teñen na súa molécula átomos de carbono, combinados, fundamentalmente, con hidróxeno, osíxeno e nitróxeno. Son as substancias que producen os seres vivos.
Inorgánicos: Son os que forman os minerais e as rochas, algúns gases (CO2) e a auga (H2O).
As ecuacións químicas.Os símbolos dos elementos: Conxunto de unha os dúas letras que representas ós elementos químicos.
K, Ti, Fe, Zn, Hg, Au,...
As fórmulas químicas: Representación matemática que se fai dos compostos químicos.
CH4, H2O, H3N, H2SO4,...
As reaccións químicas: Mestura de compostos ou elementos para obter novos compostos.
CH4 + 2 O2 → CO2 + 2 H2O + Enerxía
Reactivos: Elementos ou compostos que entran en reacción.
CH4 + 2 O2
Productos: Elementos ou compostos que se forman na reacción.
CO2 + 2 H2O + Enerxía
Ecuacións químicas: É a representación matemática que corresponde a unha reacción química.
CH4 + 2 O2 → CO2 + 2 H2O
Formulación química: É o proceso polo cal se lle asigna unha fórmula a un composto químico.
Hidruro de litio: LiH
Nomenclatura química:É o proceso polo cal lle asignamos un nome a un composto químico.
Fe2O3: Óxido de ferro (III).
Nomenclatura sistemática da I.U.P.A.C.
Hoxe, aínda que se admiten restos de sistemas de nomenclaturas antigas e algúns nomes propios que se fixeron do dominio público, é a UNION INTERNACINAL DE QUÍMICA PURA E APLICADA que establece as normas de nomenclatura por acordos internacionais.
Nomenclatura das moléculas elemento: Noméanse antepoñendo o nome do elemento un prefixo que nos indica o número de átomos que hai na molécula.
Prefixos: MONO (1), DI (2), TRI (3), TETRA (4), PENTA (5), HEXA (6), HEPTA (7).
Exemplos: N2: Dinitróxeno; O3:Triosíxeno; O2: Diosíxeno,...
Concepto de valencia:A valencia dun elemento é o número de átomos de hidróxeno co que pode combinarse, ou aos que pode substituír.
Valencias dos elementos máis frecuentes.
Nomenclatura dos hidruros.
Os hidruros con compostos do hidróxeno con outros elementos.
Non metálicos: A maioría teñen nomes propios:
H2O: Auga.
CH4: Metano.
NH3: Amoníaco.
Metálicos: Noméanse coa palabra “hidruro” seguida da preposición “de” e o “nome do metal”.
LiH: Hidruro de litio.
MgH2: Hidruro de magnesio.
AlH3: Hidruro de aluminio.
SnH4: Hidruro de estaño (IV).
Nomenclatura dos óxidos.
Os óxidos son combinacións do osíxeno cos demais elementos. Formúlanse poñendo o símbolo do elemento seguido do osíxeno. O primeiro elemento leva sempre o subíndice 2 (a valencia do osíxeno), e o osíxeno o que lle corresponda á valencia do outro elemento (sempre que sexa posible simplifícanse os subíndices).
Noméanse coa palabra “óxido” seguida da preposición “de” e o “nome do elemento”, coa valencia do elemento metálico, entre paréntesis en números romanos, cando o metal e polivalente. Utilízanse os prefixos MONO-, DI-, TRI-, TETRA-,... para indicar o número de átomos de cada elemento, cado este é un non metal (pódese prescindir do prefixo MONO-, só debe utilizarse cando hai outros óxidos do mesmo elemento con distinta valencia).
Fe2O3: Óxido de ferro (III).
FeO: Óxido de ferro (II).
CaO: Óxido de calcio.
SnO: Óxido de estaño (II).
Na2O: Óxido de sodio.